|
XOVES 22 DE NOVEMBRO, ÁS 21.30 h |
|
ÚLTIMA EXPERIENCIA |
|
ROCK
Última Experiencia é
unha banda de Madrid con raíces no rock
dos 60’s e 70’s. A banda foi facendo o
seu lugar no panorama musical madrileño,
conseguindo un son característico e
persoal a base de traballar duro un
repertorio formado polos seus propios
temas. Os medios comezan a poñer ao trío
no seu punto de mira ata o punto de que
o Gran Wyoming ofrécelles converterse na
súa banda despois de escoitalos no Honky
Tonk de Madrid. É así que se transforman
en Os Insolventes de El Gran Wyoming. En
2009 asinan contrato con La Pera Records
editando o seu primeiro E.P. co título
Madrid. No 2010 sacan un videoclip que
leva á banda a ser pioneira nun novo
concepto de música en directo: o instant
live. Trátase de gravar as actuacións en
directo da banda e ofrecerlles o disco
aos asistentes unha vez rematado o
concerto, sen esperas, ao momento.
Durante o 2011 Última Experiencia estivo
inmersa nunha xira que deron en chamar
La Rueda Gira. Estiveron presentando os
temas do que vai ser o primeiro disco de
estudo: La casa de la bruja. E siguen
presentando o seu traballo polas
principais salas e festivais de España.
Este xoves veñen coñecer ao excepcional
público das Rías Baixas. Apúntaste?
Entrada única: 5 €
|
|
VENRES 23 DE NOVEMBRO, ÁS 22.30 h
|
|
ALÓ
DJANGO |
|
SWING
MANOUCHE
Organizan: AGADIC e SalaSon
Aló Django é un proxecto galego
que busca a inspiración no jazz e na
música dos xitanos “manouche”
centroeuropeos: o chamado gypsy
swing: un estilo, lírico, alegre e
acústico do que foi máximo
representante o mítico guitarrista
Django Reinhardt. Ademais Aló Django
é un show divertido máis alá do
estritamente musical, coa presenza
do claqué e a interactuación cómica
co público, enfiando así música con
xéneros escénicos de entretemento
como o cabaré ou o music-hall, de
onde veñen parte do seus
integrantes. Finalmente en Aló
Django teñen como obxectivo
fundamental difundir a música
manouche, a través dun concerto con
moito swing e humor. Se pensas que o
o jazz é aburrido é que aínda non
escoitaches a Aló Django. E xa non é
a primeira vez que os traemos a
SalaSon. Por que será? Non che
apetece voltar ao Hot Club de France
no París de preguerra para saborear
a guitarra de Reinhardt e o violín
de Stéphane Grappelli? Vente para o
Morrasso!!
Entrada: 5 €
Clica aquí: http://www.youtube.com/watch?v=36gncrHJN6E
|
|
SÁBADO 24 DE NOVEMBRO,
ÁS 22.30 h |
|
ELDORADO
|
|
ROCK VINTAGE
Eldorado é unha banda de rock con
un son sinxelo e pegadizo á vez que
potente. En apenas cinco anos
fixéronse con numerosos galardóns
internacionais nos EEUU, UK,
Australia ou España. Jesús Trujillo
na voz, Andrés Duende na guitarra,
César Sanchez no baixo e Javi
Planelles na batería forman esta
talentosa banda. Aínda que eles
afirman ter botado raíces nos Bad
Company, Deep Purple ou os Led
Zeppelin, hai quen os relaciona
cunha banda do Canadá de comezos dos
70’s: The Guess Who. Veñen
presentando o disco Antigravity
Sound Machine. 12 temazos avalados
pola efervescente guitarra e a
dinámica percusión que non
sobrecarga o traballo vocal de
Trujillo, rica voz que acada matices
graves de baixo ata un tenor agudo,
sen perder forza en ningún momento.
Produce o disco Richard Chycki, quen
deu por chamarlle ao estilo da banda
New Rock Vintage. Esta banda
española está deixando unha forte
pegada nos escenarios internacionais.
E esta semana están en Cangas. Non
che digo máis!!
Entrada: 8 € anticipada / 10 € en
taquilla
Clica aquí: http://www.youtube.com/watch?v=2vPaCteXjms
|
|
|
|
Próximamente: |
|
|
|
CONCERTOS - ESCEA: |
American Dog
Xoves, 29
de Novembro / 21:30 h.
FRED MARTINS
Venres, 30
de Novembro / 22:30 h.
Pel de Noz
Sábado, 01
de Decembro / 23:00 h.
STARROY
Martes, 04
de Decembro / 21:30 h.
FOLIADA EN SALASON
Sábado, 07
de Decembro / 22:30 h.
No Reply
Venres, 14
de Decembro / 22:30 h.
Pucarinho
Domingo,
16 de Decembro / 20:00 h.
ALBERTO VILAS QUINTET
Venres, 21
de Decembro / 22:30 h.
Los Deltonos
Sábado, 22
de Decembro / 22:30 h.
THEE TUMBITAS
Sábado, 29
de Decembro / 22:30 h
Roger de Flor
Venres, 04
de Xaneiro / 22:30 h.
|
outras actividades |
martes Charlas e Debates |
mércores cine forum |
xoves club do viño |
domingo salga baile |
|
|
Exposición: F. SUTIL
Do 01 ó 31 de
Decembro / 06:30 h.
Obra do pintor Pontevedres F. Sutil
caracterizada por unha intensa busqueda da
luz e a cor dentro da paisaxe da sua terra
natal, Caliza. Paisaxe e figura son os eixos
fundamentais na sua obra. |
|
CATA de
viños PRE-NADAL en SalaSon
Sábado, 08 de Decembro / 19:00 h.
Xa estamos organizando a primeira CATA DE
VIÑO na sala de arriba. Atent@ porque nos
vindeiros días publicaremos a data de
celebración do evento e as condicións para
poder asistir a degustar varios viños
espectaculares. Non é preciso ser gran
entendid@ no pracer báquico: só vir
dispostos a saborear e aprender sobre a
cultura do viño. Os profesionais poñémolos
nós ao voso servizo. |
|
|
Xogando coa fotografia
28 de Novembro péchase o prazo de inscrición
para o Taller "Xogando coa fotografía" que
se realizará en Salasón (Rúa Lirio, 30,
Cangas) os días 1, 29 de Decembro e 12 e 26
de Xaneiro de 2013. Xa cubrimos as prazas
mínimas así que a ser posible nos gustaría
ir pechando o grupo cara a metade da semana
que vén. Auell@s que esteades interesad@s
enviádeme un correo electrónico cos vosos
datos (NOME, CORREO ELECTRÓNICO, TELÉFONO) e
facilitareivos o número de conta onde facer
o ingreso para formalizar a matrícula.
Moitas grazas. |
|
|
Clases de pandeireta |
|
ATÓPANOS TAMÉN EN FACEBOOK |
O SalaSon non termina nos con-certos ou na
sala, entérate de todo o que imos preparando
para ti, bandas, teatro, exposicións e
demais en Facebook. |
|
|
|
WEB DE SALASON |
Para máis información
sobre os concertos e as actividades da
SalaSon visitar a nosa web
www.salason.es |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|