MARTES
4 DE DECEMBRO, ÁS 21.30 h
STARROY
ROCK
Esta banda de Arkansas ten unha personalidade definida polos sons do sur
dos EEUU. Viven a medio camiño entre a cuna do blues (o gran Delta do
Mississippi) e as terras vaqueiras da tradición country. Gústalles definir o
seu estilo como mestura de blues cun
pouco de soul, algo de revival e moito rock sureño. Con esta variedade
estilística acadaron uns fans con gustos musicais ben diferentes. Sen dúbida,
un efecto codiciado e envexado por calquera banda!
Chegan de xira por Europa neste mes de decembro reeditando un LP de
2008: “Ocho for Willow”. Repostos de varios golpes que puxeron a estes
incombustibles músicos contra as cordas: roubáronlles todo o material do camión
despois dun concerto, o seu baterista Heath Finch salvouse polos pelos dun
accidente de tráfico a comezos de 2011… chegan a Cangas City enteiriños e con
ganas de rockanrollear para todos vós!! E polo visto, teñen un directo que
engancha. O público soe rematar coreando os seus estribillos. Espectáculo e
calidade garantizados.
Clica aquí: http://www.myspace.com/starroy
Entrada: 10 € anticipada / 12 € en taquilla
En Vigo : Honky Tonk y Elepe, en Cangas : A Esmorga. Salason y Fonte do Galo.
En Vigo : Honky Tonk y Elepe, en Cangas : A Esmorga. Salason y Fonte do Galo.