American Dog

Con nosotros

Dia
Horario
Entrada
Jueves, 29 de noviembre de 201222:00


Este trío americano composto por Michael Hannon (voz e baixo), Steve Theado (guitarra e voz) e Michael Hazard Harris (batería) teñen especial querencia polo hard rock dos 70’s. Traen un enerxético rock’n roll sobre unha base se blues. Son comparados co Ted Nugent setenteiro e cos potentes Motorhead. Din que anos atrás, cando formaron a banda, traballaban duro coma cans, no andamio. De aí procede o seu nome: American Dog. Chegan ao SalaSon presentando o seu último álbum, Poison Smile (2012). Unha explosión de hard rock agresivo e salvaxe!! Como teloneiros poderás escoitar aos Super Diablo Machine, unha banda viguesa de son stoner.